Táboas Únicas

A nosa filosofía

100% ENXEBRE

FABRICACIÓN ARTESANAL

Queremos facer un produto único e todo pasa por volver a orixe. Fabricamos as nosas propias táboas con agarimo para darte a máxima calidade.

DESEÑOS ORIXINAIS

Os nosos deseños son orixinais e creados con coidado un a un.

Natural e sostible

En Vigtab estamos concienciados coa sostenibilidade e por iso todo o que facemos respeita o planeta onde vivimos.

Para calquera dúbida, escríbenos a ola(arroba)vigtab.com

Sobre nós

Vigtab está comezando a rodar...
Fabricamos táboas únicas baixo demanda

Vigtab naceu no verán do 2016 en Galicia durante unha produtiva tarde de cervexas entre amigos. Mudamos o portátil polos longboards, a oficina pola liberdade da natureza e os prazos límite pola tranquilidade do océano Atlántico. Dende entón o proxecto foi medrando así como o equipo. En Vigtab ainda estamos comezando pero temos ganas de chegar o mais lonxe posible e queremos que nos acompañes.

O equipo Vigtab

Todo polo skate e o longboard

Alex Álvarez Sala

Fundador e CEO
Enxeñeiro con máis de 4 anos de experiencia en desenvolvemento e consultoría para empresas como Inditex, Euskaltel e a Comunidade de Madrid. Encárgase da dirección do proxecto.

André Anta Pereira

Arte e deseño
Licenciado en Belas Artes e cunha longa experiencia no mundo do skateboard, ocúpase do deseño e a arte nas táboas.

Iago Bello Bello

Fundador e Marketing/Redes
Ampla experiencia en consultoría e administración para Inditex e unha clara vocación ao Marketing e ás Redes Sociais.

Luís Montada García

Artesán
Tecnico Superior cunha grande experiencia na artesanía da madeira, do metal e do coiro.

Daniel Comesaña Busto

Deseño dixital e web
Graduado en Deseño e desenvolvemento de videoxogos cunha ampla experiencia en deseño web e edición de video e imaxe.

José Carlos Andrés Moralejo

CBO
MBA con mais de 5 anos de experiencia en dirección de equipos de empresas como Decathlon, MediaMarkt e Bricomart. Ocúpase da organización, finanzas e comunicación do proxecto.

Nos medios