Vigtab Boards nas mesas redondas do CIFP Politécnico de Santiago

O pasado 20 de Febreiro fomos convidados a participar nas mesas redondas do CIFP Politécnico de Santiago de Compostela xunto a Monserrat Rodríguez Ojea, técnica do CIS Madeira, e Raúl Busto, xefe de equipo na empresa Martínez Otero Contract para compartir cos alumnos a nosa experiencia profesional no sector da madeira.

Durante o evento tamén tivemos a oportunidade de dar a coñecer como fabricamos as nosas táboas e o noso compromiso coa ecoloxía e sostibilidade, valores fundacionais da nosa empresa.

Agradecemos aos organizadores do evento, en especial a Fou Pose, e á dirección do centro o convite e a súa interese na nosa participación.